Android Nexus 6

Anunciará Google o Android Nexus 6 no 2019? É posible.

Hai un par de días volvín a ver a emblemática e máis que venerada película de Ridley Scott "Blade Runner" baseada na novela "Do Androids Dream of Electric Sheep?" (Soñan os androides coas ovellas eléctricas?) de Philip K. Dick. Para quen noi saiba, a película trata do modelo Nexus 6, un androide que acadaba un nível moi semellante ao dos humanos. Debido a isto, ao Nexus 6 se le nomeou Replicante.

Esta anécdota, xunto ás recentes declaracións de Stallman “Os smartphones son o soño de Stalin” e a máis que evidente penetración de Android no mercado, confirma que GNU/Linux se extenderá por fin entre o público pero non como o desexaríamos. Está facéndoo de xeito anónimo pois pouca xente sabe que Android provén de Linux, sen importar a énfase ética da FSF nin a legalidade das licenzas libres e abertas pois crese que o 71% das aplicacións para Android as violan.

A lo menos nesta película que nos tocou vivir é posible que gañen os Androides, malia non como queríamos.

Roberto BrenllaLogo TEGNIX pequeno