BKO, arrancando GNU/Linux desde internet

O sitio kernel.org publicou unha ferramenta que permite arrancar distribucións GNU/Linux directamente desde Internet. A ferramenta chámase BKO xa que se refire ao sitio boot.kernel.org que tamén ofrece a documentación necesaria para levalo a cabo.

Cun simple cliente PXE poderemos arrancar o computador. Daquela cunha imaxe en disquete, pendrive ou CD de tan só 56KB de tamaño poderemos arrincar calquera sistema coa distribución que queiramos obténdoa desde Internet. Precísase dunha boa conexión a Internet e configurar os parámetros desa conexión se é que non empregamos DHCP.

Polo de agora podes elixir arrancar Debian Live, Ubuntu, Damn Small Linux, Knoppix e Fedora Live.

Neste sitio ofrécese unha pequena guía visual en forma de galería.

A fonte inicial vainos levando cara diversas fontes máis onde estoutro sitio amosa unha alternativa a BKO nomeada netboot.me, tamén baseado en gPXE.

Tamén tes este COMO de Howtoforge.

Roberto BrenllaLogo TEGNIX pequeno