Chile usa Sw Libre no seu desastre

Igual co comentado en AGNIX.org polo amigo eniac referido ao terremoto de Haití, agora Chile volve a empregar Sw Libre para controlar o desastre causado polo seu aínda maior tremor.

Sahana é un SwL que foi deseñado despois de que un tsunami devastara Sri Lanka. Este software posteriormente foi utilizado no terremoto de Caxemira en Paquistán e hoxe está a axudar a Haití e a Chile (Sahana Chile).

Sahana ten unha serie de módulos que permiten facer un mapeo xeoreferenciado do desastre, rexistrar as persoas desaparecidas e as atopadas, levar o control das doazóns e víveres, localizar nun mapa as rutas, hospitais, lugares de abastecemento, etc.

Máis información na fonte.

Roberto BrenllaLogo TEGNIX pequeno