Clonando con DRBL e Clonezilla (usando multicast!)

Nas listas de correo Softlibre-edugal Vili Cedeira puxo unha atractiva mensaxe da súa experiencia clonando equipos grazas a este artigo que amosa como clonar equipos con DRBL e Clonezilla. Parte desa mensaxe di:

"Eu conseguín clonar 14 equipos DELL 740 á vez (todo o disco duro, cunha partición de windows e outra de linux) nun tempo récord de 9 minutos (unha vez que comeza a transferencia de datos). A verdade é que me quedei abraiado!!! Nin un sóo erro!!! O switch e tarxetas de rede traballan a 1000 MHz. Se seguides o manual, atoparedes que a distribución LIVE Linux que se utilizou no proceso descrito non existe xa, pero si unha superior en: http://free.nchc.org.tw/drbl-live/stable/

Isto aforra moitísimas horas de traballo frente a clonación con outros sistemas que van dun en un, como o Norton Ghost (máis dunha hora por ordenador)."

Unha vez máis, outro exemplo de colaboración e o SwL indo da man.

DRBL e Clonezilla.

Roberto BrenllaLogo TEGNIX pequeno