Costa Rica tamén vai cara Sw Libre

Souben por Roberto Santos que a Comisión de Ciencia e Tecnoloxía da Asemblea Lexislativa aprobou un proxecto de lei para que o Estado costarriqueño empregue Sw Libre.

A aprobación deuse a semana pasada, tramitado baixo o expediente 16.912, que textualmente di: "Todas as institucións e empresas do Estado empregarán Software Libre nas súas diferentes opcións, nos seus sistemas de información e no manexo dos datos, garantindo o respecto aos dereitos da propiedade intelectual".

O texto agrega que o software privativo só utilizaríase como unha excepción por motivos de seguridade ou incompatibilidade.

Soamente entre o 2003 e o 2004, o Goberno central gastou ¢5.000 millóns (colóns costarriqueños, aproximadamente uns 6,42 millóns de euros) en licenzas para poder operar programas informáticos privativos. Outros estamentos públicos como o Instituto Nacional de Seguros informou de que só no 2007 orzou máis de ¢650 millóns para licenzas (830.000 euros).

Máis na fonte.
Roberto Brenllategnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno