Creando USB con Ubuntu desde M$

Aproveito que hei dar unha xornada sobre SwL onde os equipos non teñen nin arranque dual nin SwL instalado, só software privativo de M$.

Para ilo preparei estas instrucións:

1.- descarga o arquivo '.iso' que contén a Ubuntu 9.04 Jaunty.
2.- Segue os pasos deste artigo.
3.- Ese artigo di que descargues a aplicación Linux Live USB Creator.
4.- Seguindo os pasos de (2), verás que xa o tes todo: a 'iso' (1) e
mailo programiña (3) que che pedirá todo. Tes que instalar ese programa
(3) tras descomprimilo, executando "LiLi USB Creator.exe"
5.- Para os "datos persistentes" proba poñer 250 ou 300 MB se tes unha USB
de 1 GB pois pode haber ese espazo libre.
6.- Rematado o proceso, logo fai:
6.1.- Deixa o USB conectado
6.2.- Arranca o PC e entra na BIOS
6.3.- Selecciona que arranque por USB
6.4.- Garda e reinicia
6.5.- Terá que arrancar xa polo USB e coa Ubuntu 9.04 en modo "live", é
dicir, sen mexer para nada no sistema instalado.

Outros métodos podes atopar en Pendrive Linux.

Roberto BrenllaLogo TEGNIX pequeno