DFD 2011 España

DFD 2011 España

General

O pasado 30 de marzo de 2001 celebrouse en todo o mundo o Día da Libertade dos Documentos promovido pola FSFE. En España tivemos sedes en Paterna (Valencia), Lugo, Santiago e Vigo.

Paterna

Acudiron representantes de todos os partidos políticos menores. A saber, CDP, EU e Compromís (os outros, por estas lares nin están nin se lles esperaba). Tamén acudiron dun par de ONGs e achegados. Houbo debate aberto tras a presentación sobre Estándares Abertos.

Repartimos adhesivos e folletos en 3 colexios. O evento difundiuse a través do xornal local (Paterna al día), a CVONGD (Coordinadora Valenciana de ONGs para o Desenvolvemento), FEVECTA (Federación de Cooperativas) e o seu sector de educación.

Santiago

O evento organizado pola OSL de la USC foi de reducidas dimensións. Pasarían polo punto de información do centro entre 20 a 40 persoas e as charlas foron abertas, de modo coloquial, pasando case 3 horas falando de Software Libre, Estándares, Propiedade Intelectual e contando exemplos da vida real.

Repartiríamos uns 200 trípticos entre os de estándares, licenzas, boas prácticas e os oficiais do DFD.

Lugo

A asistencia rondaria as 30 persoas. Programáronse charlas a cada hora 10-11-12-13-16-17 hs. As máis concorridas foron ás 11 hs e 17 hs.

Con todo estamos tendo un fluxo de xente que ao ver os cartaces postos polo Centro e ao coller as pílulas de información que tamén están distribuídas polo CIS Lugo están vindo a informarse sobre o tema e ata a instalar OpenOffice/LibreOffice nos seus portátiles como opción a non renovar licenzas privativas.

Estase pensando dar a charla sobre Estandares Abertos o primeiro día dos cursos de ofimática que se impartan no centro como prolongación destas xornadas.

Vigo

A EET de Vigo foi a sede oficial do DFD 2011 en España. Nesta páxina de Mancomun.org se descríbese amplamente un evento ao que acudiron representantes de todo tipo de sectores afectados: ensino, asociacións prol-SwL, oficinas de SwL das universidades galegas, política e empresas.

Resaltaría tres puntos máis:

  • a lamentable serie de casualidades e erros alleos que provocaron a ausencia de medios de comunicación cubrindo o evento. Asumo a parte que me corresponde por non comprobalo coas tres entidades asignadas como convocantes.
  • a tensión nos debates finais, realizados cara a cara, sobre as responsabilidades non asumidas á hora de extirpar comportamentos viciados.
  • a comida posterior congregou a máis de 20 persoas e, como adoita acontecer, favoreceu a creación de máis lazos de unión na comunidade.

Roberto BrenllaLogo TEGNIX pequeno

Entrada anterior
DFD 2011 España
Entrada siguiente
Razóns para NON empregar OOXML

Entradas relacionadas

No se han encontrado resultados.

Menú