Educación, drogas e negocios

Hai un par de dias sóubose do acordo directo acadado polo Ministerio de Educación e maila norteamericana Microsoft pola cal a multinacional ofertaba o seu software para ser incluído nos computadores do proxecto Escola 2.0. A oferta económica supón un desconto de preto do 90% sobre o valor de mercado. Legal?

As reaccións comezaron a xurdir inmediatamente. O presidente de Hispalinux deu o seu parecer nese mesmo medio, ASOLIF publicou unha Carta Aberta, etc. E, entre medias, fun entrevistado polo Xornal.com como representante de AGASOL e de ASOLIF.

Contextualizo a comparación coas drogas.

Lembrei as declaracións do ex-presidente do ITI (Instituto Nacional de Tecnologia da Informação) brasileiro, Sérgio Amadeu, perante unha situación similar que acontecía no Brasil a finais do 2004. Naquel tempo Amadeu fixera un contundente paralelismo entre o software privativo e as drogas. Esta comparación xa era empregada polo fundador da FSF (Free Sw Foundation), Richard Stallman, e até polo propio presidente de Sun. A reacción da multinacional foi inmediata: decidíu procesar ao responsable do ITI. Porén, por que logo recuou Microsoft?

Non recuou ao comprobar que a sociedade civil iniciara unha campaña a favor de Amadeu senón polas declaracións que Bill Gates fixera en xullo de 1998 ao respecto do que acontecía en China:

"A pesar de seren vendidos preto de 3 millóns de computadores cada ano en China, as persoas non pagan polo software. Con todo, algún día elas pagarán. Xa que  van roubalo, nós queremos que rouben o noso. Eles volveranse 'drogadictos', e entón, dalgunha forma, descubriremos como cobrar por iso nalgún momento da próxima década."

Contextualizo a oferta do uso de servidores de Microsoft simplemente comentando a iniciativa que California está a pór en marcha (co republicano Arnold Schwarzenegger á cabeza): a progresiva migración dos libros de texto con licenzas restritivas en papel a libros de texto dixitais con licenzas libres. A responsabilidade da creación dos contidos recae sobre o profesorado. E, unha vez máis, compróbase como hai sectores afectados, neste caso o editorial.

E así por diante, ad infinitum.

Roberto BrenllaLogo TEGNIX pequeno