AGASOL (Asociación Galega de Empresas de Sotware Libre) celebrou a súa asemblea xeral o pasado luns 20 de xullo. Entroutros temas, esta asemblea aprobou a necesidade de adecuación dos estatutos, o informe de actividades realizadas, o plan estratéxico para o período 2009-10, a creación de novos grupos de traballo e a continuidade en materia de difusión.
A nova xunta directiva está composta por:
- Presidente: Roberto Brenlla de Tegnix.
- Vicepresidente: Jorge Vázquez de Redegal.
- Secretario: José Ramón Pena Rodríguez de Inforede.
- Tesoureiro: Xaime Garaboa Fernández de Signo.
- Vocal: David Pardo de Corunet.
- Vocal: José Manuel Monteagudo de Bora Telecom.
- Vocal: Óscar Glez. Represas de ITG.
- Vocal: Marcos Pita de Egalcom.
Dado que asumín a presidencia de AGASOL, a miña carga de traballo increméntase notablemente. Maila todo, seguirei loitando para tentar manter o compromiso tácito de escribir a cotío. Aproveito para anunciar que posiblemente mude o meu cara Tegnix (irá a brenlla.tegnix.com) onde me centrarei en asuntos técnicos e empresariais, deixando o actual para a restante temática.
Agradezo ás empresas de AGASOL a confianza que me deron,a Javi Vázquez polos seus consellos e adicación na anterior etapa, a Luis A. Fernández, xerente da asociación, pola súa enerxía e absoluta entrega e á nova xunta directiva polo traballo voluntario que de seguro lles esixirá moito esforzo persoal.