Iso é o que vaticina Bill Brown, vicepresidente de marketing da Touch Revolution. Tamén cre que neste mesmo ano 2009 diversos fabricantes de dispositivos electrónicos han lanzar trebellos con Android, o GNU/Linux de Google.
O executivo dixo á Forbes que famosas empresas producirán os máis variados tipos de produtos: sistemas para control doméstico, dispositivos multimedia e teléfonos residenciais baseados no sistema operativo.
Ademais sinala que cada produto traerá conexión Wi-Fi e pantallas táctiles (sensibles ao tacto, touchscreens) entre 4,3 e 10 polgadas. Algúns deles funcionarán como tablet PCs, haberaos gañando espazo nas paredes de salas e cociñas.
Os principais motivos nas que apoia as súas hipóteses a prol da adopción masiva de Android: versatilidade, recursos para interfaces táctiles e distribución gratuíta (libre).
A propia Touch Revolution vén de anunciar un "desk-phone", chamado Nimble, con pantalla de 7 polegadas touchscreen e Android e que debe chegar ao mercado en 2010.
A fonte a punta cara esta nova orixinal.
Roberto Brenlla