TEGNIX xa é LPI ATP, acrónimo de Linux Professional Institute Approved Training Partner. Como Centro Oficial Asociado impartiremos cada un dos niveis formativos da LPI para que o alumnado poida acadar as súas diferentes certificacións profesionais.
LPI Inc constitúese formalmente como unha organización sen ánimo de lucro en outubro de 1999. LPI é recoñecida en todo o mundo como a primeira organización certificadora, ata o punto que varias empresas especializadas en Software Libre e Código Aberto basean as súas correspondentes certificacións nas que ofrece a LPI.
TEGNIX está a preparar esta oferta formativa tanto presencial en grupos reducidos como a distancia, con certificacións individuais ou as tres á vez a través dun curso superior, no centro de formación de Vigo ou con aula móbil, etc. Primarase sempre os aspectos técnico e práctico para que o alumnado dispoña dunha sólida formación especializada en Administracións de Sistemas GNU/Linux.
Polo de agora deixamos aberta esta conta de correo-e para quen desexe máis información ou realizar unha pre-reserva de praza.