Se es estudante ou profesional e queres aprender a empregar Blender, a ferramenta libre de deseño profesional 3D, sexa para o teu desenvolvemento persoal ou laboral, tes a oportunidade de facelo grazas ao curso do CNTG "Creación Dixital en 3D con Blender".
Podes baixar o PDF cos datos do curso e inscribirte aquí ata o 6 de xaneiro de 2010.
O curso será dado por Antonio Carranza, experto deseñador quen participou no desenvolvemento de diversas películas e programas de TV como "Ratón Pérez 2”, “Donkey Xote”, “Club Xabarín”, “El Cid, The Legend”, “P3K Pinocchio 3000”, “Goomer”, etc.
Nota: non teñen acceso estudantes a non ser que estean anotados nas oficinas de emprego ou sexan ocupados.