Si, ben sei, o título fala ben ás claras de que este artigo é unha frikada total pero non sempre teño oportunidades tan boas coma esta para facelo. Así que velaquí vai o que recomendo seguir tras ter instalada xa algunha ROM baseada en Android (SwL con licenza Apache 2.0) e queres instalar outra.
- O primeiro é manter presente o artigo onde detallei os pasos que din para instalar a miña primeira ROM.
- Logo só descargo ROM Pinky Desire 1.8 e complementos HTC, Java, PDF Viewer a través do ROM Manager.
- Reinicio en ‘recovery‘.
- Fago copia nandroid (backup) do actual estado da ROM.
- Restauro a copia orixinal HTC nese mesmo menú (restore coa data sinalada como máis antiga).
- Confirmo que todo rula correctamente.
- Reinicio en ‘recovery‘.
- Fago limpeza global, ou sexa, Wipe de data factory, cache, dalvik, batería (estas dúas na sección Advanced) e formateo de novo a sd-ext (coidado, non a sdcard!).
- Reinicio en ‘recovery‘.
- Instalado o zip da ROM desexada. No meu caso a Pinky Desire 1.8 atopábase en clockworkmod/download/mirror1.jabbim.cz/roms
- De seguido (sen reiniciar) instalo os demais paquetes atopados en clockworkmod/download/pinky.netlab.cz/ftp/roms/addons-1.7 comezando primeiro por HTC apps e logo todo os demais.
- Reinicio desde ‘recovery‘ ata o sistema completo.
- Confirmo que teño conexión 3G (iso perdeuse nalgunha instalación).
- Elixo e instalo sen limpar nada Black Espresso ModTheme desde ROM Manager (atópase en clockworkmod/download/pinky.netlab.cz/ftp/themes)
- Reinicio
- Confirmo que teño conexión 3G (iso perdeuse nalgunha instalación).
- Reinicio en ‘recovery‘
- Fago copia nandroid (backup) do actual estado da ROM.
- Instalo o programa Boot Animation LITE e instalo unha animación personalizada ao arranque.
- Feito isto só resta de cando en vez facer un nandroid e confirmar que a súa restauración é correcta.
E listo, xa teño un teléfono como me gusta, non só funcionalmente senón tamén esteticamente.