O pasado 30 de marzo de 2001 celebrouse en todo o mundo o Día da Libertade dos Documentos promovido pola FSFE. En España tivemos sedes en Paterna (Valencia), Lugo, Santiago e Vigo.
Paterna
Acudiron representantes de todos os partidos políticos menores. A saber, CDP, EU e Compromís (os outros, por estas lares nin están nin se lles esperaba). Tamén acudiron dun par de ONGs e achegados. Houbo debate aberto tras a presentación sobre Estándares Abertos.
Repartimos adhesivos e folletos en 3 colexios. O evento difundiuse a través do xornal local (Paterna al día), a CVONGD (Coordinadora Valenciana de ONGs para o Desenvolvemento), FEVECTA (Federación de Cooperativas) e o seu sector de educación.
Santiago
O evento organizado pola OSL de la USC foi de reducidas dimensións. Pasarían polo punto de información do centro entre 20 a 40 persoas e as charlas foron abertas, de modo coloquial, pasando case 3 horas falando de Software Libre, Estándares, Propiedade Intelectual e contando exemplos da vida real.
Repartiríamos uns 200 trípticos entre os de estándares, licenzas, boas prácticas e os oficiais do DFD.
Lugo
A asistencia rondaria as 30 persoas. Programáronse charlas a cada hora 10-11-12-13-16-17 hs. As máis concorridas foron ás 11 hs e 17 hs.
Con todo estamos tendo un fluxo de xente que ao ver os cartaces postos polo Centro e ao coller as pílulas de información que tamén están distribuídas polo CIS Lugo están vindo a informarse sobre o tema e ata a instalar OpenOffice/LibreOffice nos seus portátiles como opción a non renovar licenzas privativas.
Estase pensando dar a charla sobre Estandares Abertos o primeiro día dos cursos de ofimática que se impartan no centro como prolongación destas xornadas.
Vigo
A EET de Vigo foi a sede oficial do DFD 2011 en España. Nesta páxina de Mancomun.org se descríbese amplamente un evento ao que acudiron representantes de todo tipo de sectores afectados: ensino, asociacións prol-SwL, oficinas de SwL das universidades galegas, política e empresas.
Resaltaría tres puntos máis:
- a lamentable serie de casualidades e erros alleos que provocaron a ausencia de medios de comunicación cubrindo o evento. Asumo a parte que me corresponde por non comprobalo coas tres entidades asignadas como convocantes.
- a tensión nos debates finais, realizados cara a cara, sobre as responsabilidades non asumidas á hora de extirpar comportamentos viciados.
- a comida posterior congregou a máis de 20 persoas e, como adoita acontecer, favoreceu a creación de máis lazos de unión na comunidade.