EOI, escola de negocios fundada en 1955, xerentada pola Fundación EOI de carácter público, sen ánimo de lucro e dependente do Mº de Industria, Turismo e Comercio, vén de publicar un estudo titulado "La oportunidad del software libre. Capacidades, derechos e innovación".
Tal estudo é conciso, directo, de rápida e doada consulta. En apenas 15 páxinas amosa os mapas de viabilidade (tecnolóxica, económica, administrativa, xurídica e política), de recomendacións cun un repertorio delas. Tales recomendacións van dirixidas maioritariamente a mandatarios políticos, valorando cada unha delas de 1 a 3 (valor máximo) por novidade, custo, rapidez, visibilidade e eficacia.
Podes descargar este documento, liberado baixo licenza Creative Commons Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza, directamente aquí.