Google Inc. vén de lanzar baixo licenza GPLv2 o seu software xestor de servidores virtuais. Ganeti, está dispoñible en Google Code onde comezou sendo un pequeno proxecto na oficina da Google en Zúric (Zürich, Suiza) e desde o inicio vén sendo usado internamente polo propio equipo da xigante das buscas online.
O Ganeti é capaz de xerenciar servidores virtuais na plataforma Xen sobre sistema Linux en clústers de PCs comúns. Tras ser instalado nunha máquina física (ou clúster) equipada con GNU/Linux e Xen, o xestor encárgase das tarefas de creación de discos virtuais, instalación de sistemas operativos, inicio e parada de máquinas virtuais ademais de ter soporte a fallos de hardware.
En almacenamento o sistema oferce soporte á moderna tecnoloxía DRBD, especialmente desenvolvida para clústers, e até inclúe soporte a LVM e espellos RAID-1 locais e de rede (este a través de DRBD), os cales melloran sensiblemente a resistencia dos datos a fallos de hardware ou rede. Tamén ofrece gran facilidade para a realización de backups e migración de máquinas virtuais entre clústers distinguidos.
O tamaño recomendado para os clústers, segundo o equipo do Ganeti, é de até 25 máquinas físicas. A máis importante limitación do sistema, polo de agora, é a ausencia de soporte á virtualización completa (full virtualization), restrinxíndose á paravirtualización.
A fonte e un amplo artigo describindo como instalalo e dar os primeiros pasos nunha Debian.
Roberto Brenlla