Google conta con varios socios do sector hardware para apoiar o lanzamento do seu sitema operativo, o anunciado Google Chrome OS.
Entre estes socios hardware destacan Acer, Asus, HP, Freescale, Lenovo, Qualcomm, Texas Instruments, Toshiba e tamén Intel. Chamativo é o feito de que Adobe estea interesado en colaborar creando aplicacións ofimáticas online.
É incuestionable a repercusión e o avanzo que o Sw Libre e mailo código aberto poden ter coa concreción desta iniciativa, enteoutras cousas polo poderío da entidade que lidera isto, Google, pero tamén a certeza que teremos a partires de agora de que as presións de M$ para facer desaparecer das loxas calquera dispositivo con SwL terá menos forza. Como anticipa esta primeira lista de socios, son varios e moi potentes os apoios, non só unha iniciativa illada doada de identificar e esmagar.
Pero, que significa Google Chrome OS para liberdade dos usuarios? Esa é unha das cuestións a ser atendida mentras o proxecto segue o seu curso.