Hacking-cocido 2011

Hacking-cocido 2011

General

Unha vez máis, "con espírito festeiro, imos celebrar un hacking-cocido en casa Amancio (Vilamaior 9 – Lavacolla – Santiago, mapa aquí), sede doutras xuntanzas de AGNIX, o vindeiro" sábado 5 de febreiro de 2011.Tux

Esta nova convocatoria confirma que a idea de dar un nome a unha comida e reunión social periódica é todo un acerto. Este é o caso do noso benquerido hacking-cocido. Non é que fagamos cousas extraoridinarias… agás unha keysigning party pero sempre hai conversacións de alto nivel (ou se cadra sería máis apropiado dicir ‘a baixo nivel‘, se empregamos a denominación hacker) sobre Sw Libre e maila Liberdade do Coñecemento.

Malia distancia que aínda hai ata unha universalización do emprego de solucións libres e a distribución do coñecemento, cada dia estamos máis seguros de que este é o roteiro que nos depara o futuro. Así o comprobamos a cotío; só queda insistir con teima e agardar o tempo pasar.

AGNIX naceu no 2003 e o hacking-cocido como tal desde o 2007; antes disfrutamos de festas, xuntanzas e tal, pero non con este nome 🙂

Roberto BrenllaLogo TEGNIX pequeno

Entrada anterior
Copyright… para que?
Entrada siguiente
Hacking-cocido 2011

Entradas relacionadas

No se han encontrado resultados.