Knol, o servizo de Google que pretende ser algunha alternativa á Wikipedia, ten un artigo titulado "Howto migrate to Linux" do que souben grazas a Rafael R. Gaioso (fundador de MeLiSa, entrevista a Rafael en mancomun.org).
O artigo (en inglés, en castelán) inclúe de xeito sinxelo e directo como facelo, con ligazóns para ampliar esta finalidade.
Sobre a liña de migracións, Rafael engade o caso de Rentalia, portal con máis de 20.000 casas de aluguer, guías de praias e esquí… É a propia Rentalia a que comenta por que migraron cara SwL.
Roberto Brenlla