Liberada a -Guía de capacitación TIC en SwL-

Liberada a -Guía de capacitación TIC en SwL-

Aínda que con certo retraso, entérome da liberación da "Guía de capacitación TIC en Software Libre" no wiki de mancomun.org.

A documentación presentada elaborouse como material didáctico para o Plan de capacitación TIC en SwL organizado por Mancomún e do que se realizaron dúas edicións, unha en Xuño de 2008 en Santiago de Compostela e outra en Xaneiro de 2009 en Vigo.

Polo tanto, a concepción desta documentación é a de servir como guías de referencia básica para a formación de persoal técnico informático que vaia desempeñar tarefas de implantación e/ou posterior servizo de asistencia, das ferramentas básicas dunha oficina informatizada con software libre: ofimática, internet e intranet.

Esta documentación foi elaborada pola empresa C.T.I. TEGNIX S.L. para o Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galicia Mancomún, e distribúese baixo as condicións dunha Licenza Creative Commons: Recoñecemento-CompartirIgual 3.0.

Librebit

Entrada anterior
BKO, arrancando GNU/Linux desde internet
Entrada siguiente
Performous, karaoke libre para GNU/Linux

Entradas relacionadas

No se han encontrado resultados.
keyboard_arrow_up