Liberado o proceso creativo da nova imaxe corporativa de TEGNIX

Liberado o proceso creativo da nova imaxe corporativa de TEGNIX

General

A anovación de TEGNIX comezada en 2007 contemplaba a incorporación dunha nova imaxe corporativa. Trala solicitude de orzamentos a diversos gabinetes de deseño e profesionais independentes, finalmente decidimos seguir a proposta feita por Claudio F. Filho quen recomendou ao profesor e amigo Daniel Confortin

Daniel traballa con ferramentas lbres (Gimp, Inkscape, Scribus) e conta con ampla experiencia profesional en Brasil, por exemplo creando a imaxe do FISL (Fórum Internacional de Software Livre). A súa metodoloxía foi moi enriquecedora para TEGNIX toda vez que todo o proceso foi consensuándose ata acadar un resultado final do que todo o equipo síntese orgulloso.

Creative Commons License
O PDF que se adxunta inclúe o manual que é un resumo executivo de todo ese proceso obviando, entroutras, a selección de fontes, o traballo telemático, as enquisas a profesionais, o proceso de concreción, etc.

Dado o interese espertado en persoas adicadas ao deseño gráfico ás que lles comentamos todo isto, TEGNIX libera este manual baixo licenza Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza – v3.0 España Creative Commons.

Roberto BrenllaLogo TEGNIX pequeno

 

Entrada anterior
Canto gasta a Administración en software?
Entrada siguiente
Interoperabilidade e Administración Electrónica (carta aberta de Hispalinux)

Entradas relacionadas

No se han encontrado resultados.