LSWC: «Nos communitas sumus»

LSWC: «Nos communitas sumus»

General

"Nos communitas sumus", "Nós somos a Comunidade". Isto é o que demostra a celebración da Libre Software World Conference.

banner LSWC A cancelación vinte días antes da data do evento considerado emblemático do Sw Libre en España foi o acicate para a Comunidade. Desde cero, só con voluntarios, sen cartos, xeramos un novo evento, na mesma cidade, na mesma sede e na data exacta.

Entrar na LSWC e contemplar as salas ateigadas de xente provocou unha profunda e xeneralizada emoción. Aínda así quixemos ter que facer un oco para algunhas persoas que, considerándose integrantes da comunidade, non acudiron. Terán máis ocasións, con certeza.

Houbo quen dubidaba do poder da Comunidade, quen dubidaba que todo isto comezou con espírito ético, que todo un sistema operativo, claro dominador no campo de servidores e devorando cotas de mercado na telefonía móbil, nacese en mans dun estudante. Houbo quen dubidaba pero agora, polo menos aquí, por estas terras, xa non poderá.

E agora non hai escusas que sirvan, a celebración da LSWC é un exemplo de tal magnitude e transparencia de todo o que significa Software Libre, libre transmisión do coñecemento, Comunidade e o poder das multitudes intelixentes que o outro "poder" xa non disporá de máis escusas. Ou imos por este camiño ou seredes acusados de malversación e corrupción. Nós demostrámolo, sabémolo, a sociedade sábeo.

Roberto BrenllaLogo TEGNIX pequeno

Entrada anterior
LSWC: «Nos communitas sumus»
Entrada siguiente
Himno GNU – entrada

Entradas relacionadas

No se han encontrado resultados.