LSWC’12 pasou por Santiago

LSWC’12 pasou por Santiago

General
A Libre Software World Conference 2012 pasou por Santiago deixando un excelente sabor. Entre o voluntariado, empresas, administracións, ponentes de alto nivel achegados de diversas partes do mundo, a comunidade de usuarios e público xeral conformouse un magnífico evento.
 
Tegnix non só estivo patrocinando o evento, tamén colaborou moi activamente, tanto que pechamos a nosa oficina para ofrecer a todo o noso persoal como voluntariado da organización! Iso non é estraño nin pouco frecuente en nós: somos empresa activa na defensa do Software Libre, con integrantes que o levan facendo mesmo antes de crear a empresa. 
 
Relatores da talla de Julio Cezar Neves, Marco Lima, Fernando Botelho, John Sullivan, Jeremy Allison, Torsten Grote, Carlo Daffara, Manuel Velardo, David Olmos, Joan Antoni Melé… cos galegos Pablo Nimo (proxecto Abalar), Tonio Castro (CeMIT), Juan José Sánchez Penas, Miguel Branco (Proxecto Trasno), Ramón Rial, Tomás Vilariño… repartíronse entre as tres salas principais e o Espazo Comunidade.
 
Como adoita acontecer neste tipo de ocasións, xeramos oportunidades de negocio e afianzamos amizades disfrutando de Santiago de Compostela, tanto en días de choiva como despexados. Ata nisto foi completo! smiley
 
Nos vindeiros días estarán dispoñibles os videos e imaxes oficiais do evento. A miña colección de fotos déixoas aquí.

Roberto Brenlla
Logo TEGNIX pequeno

Entrada anterior
Obtenida la certificación ISO-20000
Entrada siguiente
LSWC’12 pasó por Santiago

Entradas relacionadas

No se han encontrado resultados.