Mesas de debate sobre SwL

Mesas de debate sobre SwL

General

Participei en dúas mesas de debate durante a pasada fin de semana. A primeira delas estaba máis enfocada no empresarial e a segunda no social.

No Máster de SwL de Igalia

O venres 17 de setembro participamos na mesa titulada «El software libre en la industria de nuestro entorno y posibilidades internacionales“ Roberto Vieito (Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia), Luis Alberto Fernández (xerente de Agasol), David Pardo (socio de Corunet e vicepresidente de Agasol) e eu, Roberto Brenlla (socio de Tegnix e ex-presidente de Agasol), moderando Xavier Castaño (socio de Igalia). A mesa encadrouse nunhas xornadas do máster e eran abertas ao público xeral.

Persoalmente enfaticei en determinados temas que de seguido resumo:

  • A Administración Pública ten a obriga de empregar SwL e Estándares Abertos por múltiples e pesadas razóns. A cidadanía é cada vez máis sabedora disto.
  • As razóns en contra dilo ou excusas para os retrasos, como as resistencias de parte do funcionariado ou as sinerxias adquiridas, apenas restan no peso total comentado no primeiro punto. Enténdese que poidan afectar algo pero con vontade política real, estratexia integradora, concienciación e formación pódese solventar.
  • Galicia é un exemplo en SwL: amplo movimento asociativo, políticas pasadas e continuidade actual (moi ralentizadas pero habendo continuidade), empresas especializadas… todo ilo sendo unha comunidade de só 2,7 millóns de habitantes.
  • Galicia é unha oportunidade estratéxica. As melloras nas comunicacións e internet propician obviar a nosa situación periférica en Europa para aproveitar a nosa pertenza á lusofonía e a diáspora emigratoria organizada ao redor de Casas de Galicia como portas naturais.
  • AGASOL é exemplo como asociación empresarial: volcada ao negocio, traballando colaborativamente tanto entre as empresas que a conforman como con outras entidades do resto do Estado, etc.

No SFD en Mugardos

O sábado 18 de setembro celebrouse o SFD (Sw Freedom Day 2010) organizado pola Comunidade O Zulo. Desta vez tamén representei a AGNIX e AGASOL. Tes o video desta mesa (a partir das 2hs 12 min, ate ese intre tes a presentación de GALPon Minino).

Nesta mesa penso que a unamidade foi practicamente total, até no carácter non-político das asociacións. Lembramos que fumos críticos antes do bipartito, durante o seu goberno e tamén agora. Estamos seguros de que sempre debemos manter esta postura.

Ademais de coincidir na esixencia á Administración para a súa rápida e decidida adopción comentamos temas tan diversos como a participación da muller no SwL, a importancia do ensino público, a necesidade de seguir divulgando ou a venda minorista de equipos con sw privativo pre-instalado.

Roberto BrenllaLogo TEGNIX pequeno

Entrada anterior
Nuevos cursos LPI 1 y 2
Entrada siguiente
Mesas de dabate sobre SwL

Entradas relacionadas

No se han encontrado resultados.