Supoño que nun breve futuro o Google Maps Navigation terá a posibilidade de ser plenamente funcional sen necesidade de conectarse a internet. Nese intre só teremos que planear a nosa ruta, descargar os mapas cunha boa conexión e sair de viaxe sen acceder a internet.
Mentras ese intre non chegue, velaquí os pasos que din:
- Instalar RMaps no móbil desde o Android Market. A aplicación é libre, licenza GPLv3.
- Seguir as instrucións do seu autor. Foime ben descargando TrekBuddy Atlas Creator da lista do propio desenvolvedor do RMaps. Tan só hai que descomprimilo, entrar no directorio creado e darlle permisos de execución ao arquivo start.sh.
- Para poder executar TrekBuddy Atlas Creator tiven que instalar o javasqlite desde código fonte, o cal requería tamén dos paquetes libsqlite3-dev e sun-java6-jdk existentes nos repositorios.
- Tras isto executo o tal arquivo start.sh. Selecciono unha zona dunha cidade e creo mapas desde o zoom 3 ata o 18 (para obter o máximo detalle achégate a 19 pero con coidado porque o tamaño aumenta exponencialmente). Do 3 ao 12 ocupan moi pouco espazo e serven para que poidas achegarte a túa zona en detalle.
- Elixín como fonte de mapas Google Maps e como formato BigPlanet. Renomea o mapa BigPlanet_maps.sqlitedb a o-nome-que-queiras.sqlitedb.
- Expórtao ao Android a /sdcard/rmaps/o-nome-que-queiras.sqlitedb (ollo, o nome do directorio é RMAPS).
- Para as viaxes entre cidades fai o mesmo pero sen tanto zoom, por exemplo, de 3 a 14 ou 15. É importante solapar os mapas que teñas para obter continuidade nos percorridos.
- Activa os teus mapas en Menú > Settings > User defined maps
- Comprobei o funcionamento xeral no Android, primeiro con conexión a internet situándome na cidade que gardei e logo desconéctome de internet abro o RMaps, menú/Maps elixo o meu mapa.
Nun seguinte artigo direi como importar os POI que teñas en Google Maps.
A ver cando Google fai ese botonciño offline!