O vindeiro martes día 6 de outubro ás 17:00 hs terá lugar nas instalacións do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, unha "Xornada técnica sobre solucións de Virtualización Red Hat orientada a servidores" que incluirá exemplos prácticos e teóricos.
A xornada está orientada a perfís técnicos de profesionais, administradores, responsables ou futuros responsables de sistemas, partners de Red Hat, alumnado do CNTG, etc .
Amplía a información consultando o folleto informativo. Podes inscribirte nesta ligazón.
A asistencia á xornada é libre e gratuita, condicionada á previa inscrición e aforo do local. O evento é organizado por Red Hat en colaboración co Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia da Consellería de Traballo e Benestar.