Non uso Android senón LeeDroiD

Non uso Android senón LeeDroiD

General

Un día deume por probar unha derivación de Android. Tiven que rootear o meu teléfono para descubrir novas versións derivadas: Cyanogen(mod), Pinky Desire, NeoPhyTe, AuraxTSense, CoolAceS, CoolSagaS, MIUIEs e agora un LeeDroid.

Non me pidas que che diga cal me gusta máis porque case seguro que direi que a actual. Non quero entrar en se unha é un chisco de décimas máis rápida ou que permite tal ou cal funcionalidade. E que máis dá! O que importa é que temos coñecemento aberto, compartido, libre… ao que logo lle agregamos capas de aplicacións, lamentablemente pechadas a maioría.

 

Así que o meu desexo non é un novo terminal con 1 mm menos de espesor, 0,5" máis de pantalla, procesador dual… Non! O meu desexo é que a comunidade, nós, cremos un bo conxunto de aplicacións libres, igual que en GNU/Linux. Que siga existindo a posibilidade de probar ROMs derivadas de Android feitas na India, Kenia, China, EE.UU., Suecia ou España. Coñecemento distribuído, non monopolizado e sen distinguir rezos ou razas. 

Por iso faríame feliz asistir ao nacemento dun novo proxecto chamado LibreAndroid (ou parecido).

Roberto BrenllaLogo TEGNIX pequeno

Entrada anterior
No uso Android sino LeeDroiD
Entrada siguiente
Redes sociais, Sw privativo… un debate calquera

Entradas relacionadas

No se han encontrado resultados.