O meu lector RSS no Android

O meu lector RSS no Android

General

Tras un tempo de investigación e probas xa decidín cal é o lector de novas RSS para o meu HTC Desire con Android, o GNU/Linux de Google.

Tras probar de todo no escritorio (até un plugin para o Evolution) e extensións para o Firefox elexín o Liferea. Porén tiña o inconvieniente da difícil sincronización e a accesibilidade fóra no meu equipo.

Finalmente probei o Google Reader e engancheime a el. Moitas webs ten o botonciño para engadir a súa semente (feed) ao Google Reader, podes lelo onde esteas cunha conexión a internet, podes compartir sementes, incrustar as túas compartidas en códigos dalgunha web (como fago en AGNIX.org) ou como se fose a túa propia web, etc. Ademais o tema da perda de privacidade é relativo pois por un lado está o acordo que aceitas cando asinas con Google e por outro que non estamos a falar de temas tan delicados nunha vida tan efímera… Bueno, así o vexo eu (e moita xente máis!).

O HTC Desire vén cunha aplicación nativa para ler sementes RSS e tamén temos outras moitas dispoñibles (tanto de pago como de balde, como o NewsRob). É dicir, volvía ter o mesmo atranco que no escritorio. Así que, como podería ter simplemente o meu lector preferido?

Para ter o Google Reader no Android tiven que:

  1. Abrir o navegador.
  2. Ir a www.google.com/reader
  3. Comprobar que entrou no meu Reader. Fai login se fora preciso.
  4. Colocarme dentro do Reader onde máis me apetecería telo cando arrancase.
  5. Gardar a páxina nun marcapáxinas noeméandolo como Reader (que é o título que el mesmo propón).
  6. Pechar o navegador e ir a onde me gustaría ter unha icona para o Google Reader.
  7. Abrir o menú para engadir widgets, aplicacións… Elixir acceso directo.
  8. Seleccionar engadir Marcapáxinas e abrirase un fiestra con opcións onde verás Reader marcado e xa tiña unha flamante icona co meu lector RSS.

Algo tan sinxelo provocoume moita perda de tempo, hai que confesalo, pero paga a pena porque a versión para móbil do Reader é moi boa.

Roberto BrenllaLogo TEGNIX pequeno

Entrada anterior
Estaremos no FISL 11
Entrada siguiente
Navegación GPS sen conexión a internet con Android (I)

Entradas relacionadas

No se han encontrado resultados.