Tiven a ocasión de afondar no comentado no derradeiro parágrafo do artigo "Anticiparse ao inevitable", discutilo, ampliar información e complementalo con novas aportacións.
Comecei recibindo o enlace a un artigo que actúa como contrapunto: "¡Mueran los ‘heditores’!". Nel alábase o modelo tradicional, aquel no que o ‘filtro’ da editorial xera valor engadido, entre outros motivos, por retirar da culltura aqueles escritos non aptos para a lectura, literalmente por "separar o gran da palla". E isto foi asociado coa democracia, entendida como o goberno de todos que lexitima ao poder estatal formado por representantes elixidos e vixilados polo pobo.
Pola contra, ese mesmo artigo critica con dureza aos heditores, esos que hoxe poden publicar o que desexan, como desexan e canto desexan grazas ás facilidades que outorga internet. Unha rede rexida pola oclocracia, entendida como o goberno do xentío e con frecuencia confundido coa tiranía das multitudes. Heditores que poden saltarse a editores para chegar ao seu público. Que están a se adaptar, innovando, aproveitando a desaparición de ‘filtros’, atopando oportunidades nun mundo perfectamente copiable, nos que tamén coexiste unha rebelión contra o todo gratis da rede.
En medio da omnipresente discusión sobre modelos de negocio, chama a atención a entrada á escena do Partido de Internet. Valoracións a parte, isto refuta a era revolucionaria que presenciamos pois estamos sendo testigos de transmisións de poder e propiedade grazas, en este caso concreto, a tecnoloxías disruptivas e non a guerras e derramamentos de sangue avalados por ideoloxías emerxentes.
Insisto, pode ser un previlexio vivir este presente repleto de oportunidades para quen se sinta optimista ou unha desgraza repleta de destrucción para quen sufra a súa non-adaptación e se sinta pesimista. Ou, como dixo alguén, "o optimista sempre ten un proxecto; o pesimista, unha excusa".