OpenOffice.org vs. LibreOffice, estratexias e demais

OpenOffice.org vs. LibreOffice, estratexias e demais

General

A que semella ser unha longa telenovela só apta para estrategas tivo un capítulo estelar o pasado primeiro de xuño co anuncio  da ‘contribución‘ de Oracle. Coa ‘doazón‘ de OpenOffice.org á Fundación Apache (ASF, Apache Software Foundation) Oracle pretende que (por fin!) a comunidade vexa nela unha "demostración do seu compromiso coas comunidades de desenvolvemento e código aberto". Será? Nen tanto pois hai quen di que doar algo no que a comunidade participou activamente durante anos pode ser legal pero ten pouco de moralidade.

A xogada admite moitos puntos de vista e xera diversas controversias. A primeira delas pode ser a evidencia do contundente erro de Oracle ao crer que mercando Sun Microsystems compraba tamén á súa comunidade. Nada máis lonxe! A resposta foi exemplar e chámase LibreOffice, a derivación (fork) do OOo organizada ao redor da The Document Foundation, constituíndose esta última grazas a unha masiva e cuantiosa doazón económica de miles de persoas e entidades.

A ASF, pola súa banda, ten experiencia promovendo proxectos abertos e fomentando a implicación no seu desenvolvemento. Paga a pena lembrar que IBM foi quen liderou vía mecenado o nacemento da ASF e está publicamente contenta coa operación, obvio.

A doazón tamén leva consigo un troco da licenza xeral do OOo cara a EPL (Licenza Pública Eclipse), máis favorable a proxectos emprersariais pechados. Isto, segundo a TDF (The Document Foundation), permitirá que o proxecto LibO mova enteiramente o seu código a licenzas do tipo MPLv2 ou LGPLv3+ xa que as licenzas Apache admiten tal compatibilidade. Porén cabe sinalar que a EPL 1.0 non é compatible coa GPL.

E agora? Por que Oracle non deu ese paso xa de entrada? Será dabondo para evitar a consolidación de LibreOffice? Estanse convertindo as fundacións en partes esenciais nas estratexias empresariais no eido FLOSS? Moito do que falar…

A TFD remarca no seu comunicado sobre este tema que ela está "gobernada por unha comunidade aberta e meritocrática". E xustamente aquí é onde se atopa, ao meu entender, a diferenza entre quen comprende e vive o Software Libre e quen só quere tomar posicións de mercado.Mar de quenllas

A medio camiño entre TDF e as xogadas estratéxicas empresariais puras que empregan fundacións para "demostrar o seu compromiso" poño á Fundación Google, máis filantrópica e, dende hai anos, máis ampliamente comprometida co desenvolvemento aberto. A última proba é unha nova liberación de código, a do WebRTC. Liberación que posibilitará o desenvolvemento de aplicativos para chats de voz e video a través de sinxelas APIs en HTML e JavaScript. Claro, nesta oportuna xogada Google tamén está combatendo a recente venda de Skype e demostrando que entende o modelo de negocio do SwL mentras nada nun mar de quenllas…ODF

Remato. Na telenovela hai outro protagonista, algo esquecido e agochado pero triunfador, o estándar ODF. Sexa calquera destas (e outras) aplcacións ofimáticas a elixida, o seu formato será o estándar ODF.

Roberto BrenllaLogo TEGNIX pequeno

Entrada anterior
II noite Drupal & GNU/Linux
Entrada siguiente
OpenOffice.org vs. LibreOffice, estrategias y demás

Entradas relacionadas

No se han encontrado resultados.