Jonathan Thomas sinala no sitio de OpenShot:
"Teño unha misión sinxela: crear un editor de video non lineal e de código aberto para Linux. Moita xente intentou e fallou antes ca min, pero por algunha razón síntome obrigado a intentalo eu mesmo. Estou documentando a miña viaxe neste blog para que todos lean. Será unha viaxe arriscada e pode que non regrese con vida. Agárrate forte e disfruta da viaxe. Polo de agora, estou a chamar este proxecto OpenShot Video Editor!"
Nestas alturas de desenvolvemento este editor xa acada un alto nivel de usabilidade. Tamén inclúe varias funcionalidades dignas de editores maiores como:
- Soporte a diversos formatos de video, audio e imaxe (baseado en FFmpeg)
- Integración con Gnome (soporte de ‘arrastrar e soltar’ ou ‘drag and drop‘)
- Múltiples pistas
- Redimensionado, recortado, snapping…
- Transicións de video con previsualizacións en tempo real
- etc.
Tes a túa disposición diversos paquetes preparados. Por exemplo, para unha CPU de 32 bits con Ubuntu 8.10 os pasos a dar serían:
- Descarga o paquete openshot.
- Descarga o paquete de dependencias e descomprímeo. No directorio que inclúe os paquetes deb fai:
sudo dpkg -i openshot-*
- Logo instala á vez uns paquetes que has necesitar:
sudo apt-get install libgoocanvas3 libgoocanvas-common python-pygoocanvas
- Por último, vaite a onde teñas o binario principal e instálao:
sudo dpkg -i openshot.deb
- Tes a opción de instalar tamén paquetes para obter a interfaz traducida (castelán, portugués…).