Unha das funcionalidades que máis botaba en falta no navegador e ficheiros de Gnome, Nautilus, era ter un panel dual. En Ubuntu Jaunty isto xa era posible e agora fíxeno para Karmic.
Abre un terminal e copia e pega estes comandos cos cales activarás o repositorio de Holger Berndt (autor desta funcionalidade):
sudo add-apt-repository ppa:berndth/ppa sudo apt-get update sudo apt-get install libnautilus-extension1 nautilus-data nautilus killall nautilus && nautilus &
Feito isto xa podes activar o teu dobre panel premendo F3 ou indo ao menú Visualizar e activar Extra Pane.