Redes sociais, Sw privativo… un debate calquera

Redes sociais, Sw privativo… un debate calquera

General

Esta é unha réplica dun construtivo debate que mantiven onte con +Fran Diéguez no meu perfil de Google+ a raíz da versión en galego do post Non uso Android senón LeeDroiD. Neste debate tamén entraron +Carlos Ces e +Tonio Castro.

Fran: O concepto de LibreAndroid xa existe e é precisamente no que se basean case tódalas ROM. O proxecto chámase AOSP (Android Open Source Project) mantido pola Google.

Digo case tódalas ROM porque hai algunhas que modifican as dos fabricantes e esas levan capas privativas (HTC Sense, Samsung TouchWise…)

Brenlla: Si, Fran, sabemos. Acontece que logo enchemos de apps privativas. Por exemplo, desexaría ter un bo navegador GPS con OpenStreetMaps, un gwibber para redes sociais, navegadores, editores, xestores de arquivo… toda esa capa libre.
Hoxe metemos calquera cousa, case sempre privativa, tanto que se instalan apps como WhatsApp que nos espían literalmente coas case que 30 autorizacións que lle otorgamos. En fin, só é un desexo en voz alta.

Fran: O paradoxico é que protestamos polo roubo de privacidade por parte de WhatsApp e empregamos redes sociais como esta.
Imos ter que deixar a tecnoloxía.

Brenlla: Fran, máis ben ao revés. Nas redes eu decido cada vez o que escribo ou deixo visible da miña parte pública. En WhatsApp a maioría acepta unha licenza sen ler e logo está xeolocalizado, coa súa axenda completa copiada, deixando permisos de lectura e escrita completa do teu dispositivo… Poucas apps collen tantos permisos como Whatsapp ou Viber. Nota: compróbao na lapela "Permisos" das ligazóns.

Carlos Ces: Moitos usuarios con pouco tempo para pararnos buscar e analizar polo miúdo cada unha das aplicacións que vemos no Market, e ás veces nin atopamos o que queremos, agradeceríamos unha listaxe (wiki?) de aplicacións Android que "se poden" e "non se poden" instalar, e as aplicacións imprescindibles ou desexables, ou as mellores, para xente que, coma vós, se preocupa da privacidade e do uso, dentro do posible, de SwL. A definición de "poder" ou "non poder" viría dada pola simple pregunta: instalaríala ti no teu terminal?

Fran: Roberto, sinto discernir. Ao facer o «sing up» nas redes sociais a empresa que a mantén se te fixas sempre mantén unha cláusula para que poidan empregar todos os datos subidos para o seu uso "interno" ou polos seus afiliados. Entre ditos afiliados normalmente sempre está unha das axencias de intelixencia máis importantes do mundo (CIA).

No caso de G+:
G+ dí explícitamente isto na política de contidos "Podemos compartir estadísticas globales relacionadas con la actividad de Google+ con el público en general y con nuestros usuarios y socios como, por ejemplo, editores, desarrolladores de aplicaciones o sitios conectados." e aínda é máis sangrante a política que teñen en canto ao uso de G+ mediante o noso dispositivo móbil no cal de forma automática obteñen a nosa xeoposición segundo eles «registra su ubicación para ofrecerle el servicio deseado [..] tal como se describe al registrarse en la versión para móviles del producto.»
Na súa política de compartición de datos mostran 3 supostos polos cales poden compartir datos do usuario sen o seu consentimento:
«(a) cumplir las leyes, las regulaciones, los procesos legales o las exigencias gubernamentales vigentes; (b) aplicar las correspondientes Condiciones del servicio, incluida la investigación de posibles infracciones de dichas Condiciones; (c) detectar, evitar o tratar problemas técnicos, de fraude o de seguridad; o (d) proteger contra posibles daños los derechos, la propiedad o la seguridad de Google, de los usuarios o del público de la forma establecida o permitida por la ley.»

O caso de Facebook non queda atrás:
Facebook como empresa para cada contido compratido nel (fotos, amigos, fluxos, etc) aplica unha política de dereitos de autor compartidos co cal eles pasarían a ser coautores de ditos contidos, e con isto resérvanse o dereito de facer cos nosos datos o que queiran.

Chegados a este punto podemos dicir «Bueno elimino os datos, contas e listo. Todo arranxado! Eles xa non teñen nada??». Pois sinto dicirche que aínda así non fas nada. Non fai moitos meses lin un artigo nun diario anglosaxón en liña (sinto non poder recordar e ligar directamente co artigo) que comentaba que aínda que borres os perfiles nas devanditas redes sociais o mal xa estaba feito.
Aínda que o artigo se centraba en rumores internos de Twitter, segundo comentaban existía o denominado «The big stream», que non era máis que a gran cantidade de datos xerados polos usuarios en tempo real: opinións de empresas, opinións persoais, movementos de masas… que aínda que un único «tweet» sobre a empresa «X» non ten moito valor comercial, cando o unes a moitos outros xa podes realizar estudos de mercado. Quen co investimento necesario non querería acceso a este magnífico fluxo de información da súa propia empresa? Non axudaría isto a crear estratexias de mercado para incrementar a venda do seguinte ultramagnífico e megamagnífico iCousa. E iso que só falo de empresas… pensa no caso de gobernos os magníficos estudos e predicción de masas que poden sacar.

Con isto non quero xustificar para nada os actos de WhatsApp o Blackberry Messenger, pero sempre me indigno cando a xente protesta pola política dalgunhas empresas e realiza tales disercións noutras redes sociais que para nada se quedan atrás nas mesmas.
Realmente vivimos nun mundo demasiado globalizado onde a última panacea dos gobernos e axencias de investigación foi a creación de estas redes sociais que baixo un pequeno investimento (normalmente mediante Venture Capitals)  teñen acceso a grandes fluxos de datos para analizar o que acontece en tempo real no mundo e de forma moi segmentada.

A posíbel solución a todo isto: Diáspora, un software libre que permite crear a túa propia rede social administrada por ti mesmo nos teus propios servidores. Pero baixo meu punto de vista non é máis que un experimento pronosticado a unha morte por olvido. Morte por olvido!!?? dirán os seus autores. Eu digo, «morte por olvido» porque os usuarios das redes sociais comezan a valorar unha rede social cando a súa vida online e offline non se distingan. Un Facebook sen amigos é máis aburrido que ver a teletenda pola noite, un twitter sen persoas que te sigan ou que poidas seguir, que xeren información interesante será menos interesante que perder unha tarde vendo o último cotilleo da «Princesa do Pobo, Belén Esteban». ABURRIMENTO PURO E DURO.

Xa me coñeces, sempre tento darlle unha volta a todo isto… aínda que logo sexas «forzado pola masa» a empregar as redes sociais.

Brenlla: Fran, grazas pola ben documentada argumentación. Ben sabemos dos males das dúas opcións que sairon ao tapete: redes sociais e apps privativas.
Falando nestes ámbitos as dúas son perversas, claro. Pero fago apreciacións:
Nas redes eu poño o que quero sendo eles donos desas publicacións (baixo a lexislación dos EE.UU., na Europa non, ollo).
Nas apps privativas as uso de cando en vez pero mesmo SEN usalas elas teñen o dereito de lectura e escrita na miña SD, levan todos os meus contactos cos seus números, email, vinculacións coas redes, historial de chamada, hora de chamada…
Eu nas redes sociais subo fotos, só as que quero, pero esas apps poden ler, copiar e mesmo borrar (damos eses permisos) as fotos que teño até as que sexan consideradas por min como secretas e que xamais publicaría. Por que? Porque démoslles eses permisos.
En fin, espero terme explicado. Se non fora así, xa sabes, temos que tomar uns grolos 🙂

Fran: Os grolos non o dubides… fai tempo que non falamos fóra de liña.
En canto ao de «Ben sabemos dos males das dúas opcións que sairon ao tapete: redes sociais e apps privativas.»:
Ben sabes que a min a figura de Stallman como persoa non che me gusta nada porén como gurú soe dar frases das que fan pensar.

Resulta paradóxico que eu lle dea a razón neste asunto ao Stallman tendo en conta que me adico á creación de SaaS, aínda que tamén creo e colaboro moito no desenvolvemento de SwL.

Tonio: Bonito debate … dende logo apréndese ben con vós 🙂

Brenlla: Google, ata onde eu sei solicita compartir a túa ubicación. Así o pide cada vez que abro o seu navegador no Android e nas configuracións do sistema. Se non é así, por favor, que alguén me axude para aclararlo e mostrar o meu total rexeite. Dígoo porque outros sí que literalmente rastrexan a túa ubicación SEN a túa autorización (por exemplo, MS e Apple).

Nota: Se cadra isto pode seguir trala publicación desta entrada.

Roberto BrenllaLogo TEGNIX pequeno

Entrada anterior
Non uso Android senón LeeDroiD
Entrada siguiente
Redes sociales, Sw privativo… un debate calquiera

Entradas relacionadas

No se han encontrado resultados.