Directamente vas a este enlace, logo á sección de descargas e no meu caso baixo o primeiro paquete .deb nomeado xorg-driver-sisimedia_0.9-1_i386.deb.
A historia
Un familiar quería mercar un portátil porque, pola súa idade, pasa case que todo o dia na casa, sen apenas sair, só lendo algo e ollando a TV. Ter internet poderá encherlle moitas horas do seu tempo, mantelo activo e entretido. Acontece que o seu coñecemento de informática é nulo.
Nas comidas dos domingos estamos tres familias e, cadran así as cousas, uns traballan con M$, outros con Mac e nós con Sw Libre. Cada quen podería dicir que a súa proposta era a mellor de todas pero só eu fun quen de darlle "servizo 24/7/365". Os demais, ou non podían ou non estaban dispostos.
Daquela o meu familiar mercou o Ahtec Sense XSW91 de só 380 € que teoricamente estaba soportado para GNU/Linux. Tanto que a propia empresa ofrecía unha Debian personalizada nomeada ISIX que debería funcionar nese equipo. Pois iso resultou ser falso. Para empezar tiven que encargarme de levalo tras mercalo en dúas ocasións á tenda onde o mercou: a primeira porque viña sen montar, incríble!, a segunda porque non recoñecía o disco duro. Finalmente o sábado á mañá semella que todo estaba ben. Ben? Aínda non! Aí deu comezo o segundo episodio.
Xa na casa o primeiro que fago e probar a tal ISIX, en menos dun minuto a distro dixo que xa o tiña todo instalado. Loxicamente era un erro. Collín a miña USB e comecei probar distintas distros, preferindo sempre Debian ou Ubuntu. De todas elas, grazas á ferramenta Unetbootin, só rulou como é debido a aínda Alpha6 Ubuntu Karmic, aínda en modo testing.
Instaleina sen problemas, todo bastante ben agás o contorno gráfico pois non deu máis resolución que 800×640. Semellaba que tiña que resolver temas de controladores da tarxeta de video. Buscando información no meu sistema e logo trasladándoa á web vin que tal tarxeta supoñía unha chea de problemas. Dun lado para outra ata que atopei este enlace que foi quen mo resolveu.
Polo tanto, unha vez máis, aprendín e conclúo que:
- Non debes fiarte do que di unha tenda, ensamblador ou fabricante
- A menos que troquen de estratexia, non recomendo mercar nada de Silicon Integrated Systems
- Armarse de paciencia adoita ser unha condición só á hora de instalar pois logo esqueces de calquera problema en SwL
- O anterior é debido á carencia de oferta de equipos con GNU/Linux instalado. Ben sabemos que iso é debido a que moitos fabricantes sofren presións. E isto non é hipótese, é feito que até ten sentencias que o corroboran.
- Persoalmente agardo á entrada de Google no mercado de netbooks pois será unha oportunidade de comprobar a loita entre dúas grandes empresas con distintas ofertas, unha privativa e outra libre (ou case). Confío que iso elimine o actual monopolio nos PCs.