Os dias 29 e 30 de outubro no Hotel Attica 21 (localización), en Matogrande (Coruña) hanse celebrar as xornadas "Experiencias e Negocios en Sw Libre" organizado por Fundefo e co apoio da Secretaría de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Plan Avanza e mailo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.
A entrada é de balde.
Tes máis informacións nos adxuntos.
Necesito aclarar que desta vez non vou en representación de AGASOL tal e como erradamente figura no programa dado que fun contacto a través dunha amizade e non porque se dirixiran á asociación na procura dunha persoa que a representara.