FB ou Google+? Cuestión de estilos

Anhelaba fuxir de FB e de momento só vou deixalo baixo mínimos. Voume porque estiven sempre moi desgustado co nulo control que tiña sobre os meus datos, o mercadeo que facían deles, a participación de M$ no seu accionariado, a recente actualización dun binario chamado Skype tras ser mercado por M$ que, loxicamente,  aliouse con FB... Paro de envelenarme. Coidei a miña participación porque sabía que fuxiría. Por que? Por unha cuestión de estilos.

Si, por suposto, preferiría que o substituto do FB fose Diaspora, gNewBook ou calquera outro libre. activei contas nalgúns proxectos libres e sería unha gran alegría que algún destes eles puidese alcanzar non xa unha suficiente eficiencia tecnolóxica senón o segundo e decisivo parámetro na valoración dunha rede social: o número dos seus integrantes.Liberación de datos

"Pensa o ladrón que todos son da súa condición" ou todas "nadan nun mar de quenllas". Se cadra por iso ou polo simple (e nada desdeñable) feito de ser gran empresa, métese a Google no mesmo saco que M$, Apple, Oracle... Prefiro ser inxenuo e non facelo. A ver.

Por que deixo FB para migrar a Google+? É cuestión de estilos!
Só uns poucos e absolutamente inconexos ítems:

  • Google naceu grazas a confiar a súa base tecnolóxica a Estándares Abertos e Software Libre
  • Promoveu a publicidade non intrusiva
  • Foi a primeira que deu conta de correo-e con capacidade ilimitada (as demais andaban polos 2-5 MB na época)
  • Google segue mostrando a súa oposición directa ao sistema de patentes no software
  • Desde 2005 Google Summer of Code colabora e pormociona proxectos libres
  • Google libera códigos, recentemente fíxoo con WebRTC
  • Un exemplo significativo, Cyanogen(mod), a derivada do código de Android aínda está aloxada nos propios servidores de Google. Non a fagocitou nin lle fixo a vida imposible, senón que contribuía. É cuestión de estilos!
  • Android permíteme instalar aplicacións referentes a Wikileaks, outros as censuran
  • A Fundación Google contén diversos proxectos e accións filantrópicas menos 'ventiladas' que a dos seus competidores
  • Google+ permíteme facer copias de seguridade dos meus contactos, fotos...
  • Google+ permíteme videoconferencia por círculos de amizades
  • etc.
     

O que percibo de Google é que si, é gran empresa, fai as cousas ben, cun estilo diferente, con suficiente ética (don't be evil) e, si, usa os meus datos pero, ao contrario do que sucede con FB e afíns, benefíciome directa e inmediatamente diso. Se busco Córdoba e dígolle que me refiro á cidade andaluza, nas seguintes procuras Google vaime eliminando a Córdoba arxentina ou mejicana. Está usando os meus datos? Pois claro, pero eu percibo beneficio directo.

Poderiamos analizar detalles, a maioría minúsculos, sobre que facer, cal é a mellor opción, que funiconalidade ten unha ou outra, etc.. Persoalmente, inclínome a sentirme cómodo cun comportamento xeral máis coherente cos meus criterios.

Roberto BrenllaLogo TEGNIX pequeno