II Encontro ASOLIF (Empresas de SwL)

As Asociacións de Software Libre Federadas (ASOLIF) celebrará os días 13 e 14 de novembro de 2009 en Madrí un evento de traballo, de carácter interno, denominado "II Encuentro ASOLIF de Empresas de Software Libre".AGASOL

Este encontro ten un dobre obxectivo. Por unha banda permitirá que, dado o espectacular crecemento no número de empresas incorporadas ás diferentes Asociacións que compoñen ASOLIF, os seus representantes e directores técnicos poidan coñecerse e realizar actividades de networking, consolidando o movemento empresarial arredor do software libre en España. Pola outra banda, terán lugar diferentes actividades orientadas ao deseño e redacción de proxectos conxuntos, que se desenvolverán en comunidade utilizando software e contidos libres.Logo ASOLIF

ASOLIF conta na actualidade con algo máis de 160 empresas pertencentes ás diferentes asociacións federadas, polo que aspira a que este sexa o encontro empresarial máis importante celebrado en España arredor do software libre.

Roberto BrenllaLogo TEGNIX pequeno