Linux en (case) o 90% dos top500 supercomputadores

"Linux" rabuña outros tres supercomputadores máis ao resto de sistemas desde o pasado semestre, elevando a súa cifra total a 446, o cal supón o  89,20 % na lista top500.org agrupados por familia de sistemas operativos (Operating System Family).

Na súa evolución histórica atopamos "Linux" entrando nesta lista no primeiro semestre de 1998, tan só sete anos despois do anuncio na rede feita por un estudante finés nomeado Linus Torvalds.

Baséandome no traballo de Manuel Xosé Lemos (adxunto con licenza CC-by-sa), deixo a seguir un gráfico que amosa a evolución histórica xunto ao da situación comparativa actual. Cabe sinalar que o crecemento de "Linux" é debido principalmente a ser un perfecto substituto de Unix, claro dominador no 1993 con máis do 93% dos top500 supercomputadores.

             

Roberto BrenllaLogo TEGNIX pequeno

Attachment Size
Top_500-Manuel_X_Lemos-20090624.ods37.2 KB 37.2 KB