Navegación GPS sen conexión a internet con Android (I)

Supoño que nun breve futuro o Google Maps Navigation terá a posibilidade de ser plenamente funcional sen necesidade de conectarse a internet. Nese intre só teremos que planear a nosa ruta, descargar os mapas cunha boa conexión e sair de viaxe sen acceder a internet.

Mentras ese intre non chegue, velaquí os pasos que din:

  1. Instalar RMaps no móbil desde o Android Market. A aplicación é libre, licenza GPLv3.
  2. Seguir as instrucións do seu autor. Foime ben descargando TrekBuddy Atlas Creator da lista do propio desenvolvedor do RMaps. Tan só hai que descomprimilo, entrar no directorio creado e darlle permisos de execución ao arquivo start.sh.
  3. Para poder executar TrekBuddy Atlas Creator tiven que instalar o javasqlite desde código fonte, o cal requería tamén dos paquetes libsqlite3-dev e sun-java6-jdk existentes nos repositorios.
  4. Tras isto executo o tal arquivo start.sh. Selecciono unha zona dunha cidade e creo mapas desde o zoom 3 ata o 18 (para obter o máximo detalle achégate a 19 pero con coidado porque o tamaño aumenta exponencialmente). Do 3 ao 12 ocupan moi pouco espazo e serven para que poidas achegarte a túa zona en detalle.
  5. Elixín como fonte de mapas Google Maps e como formato BigPlanet. Renomea o mapa BigPlanet_maps.sqlitedb a o-nome-que-queiras.sqlitedb.
  6. Expórtao ao Android a /sdcard/rmaps/o-nome-que-queiras.sqlitedb (ollo, o nome do directorio é RMAPS).
  7. Para as viaxes entre cidades fai o mesmo pero sen tanto zoom, por exemplo, de 3 a 14 ou 15. É importante solapar os mapas que teñas para obter continuidade nos percorridos.
  8. Activa os teus mapas en Menú > Settings > User defined maps
  9. Comprobei o funcionamento xeral no Android, primeiro con conexión a internet situándome na cidade que gardei e logo desconéctome de internet abro o RMaps, menú/Maps elixo o meu mapa.

Nun seguinte artigo direi como importar os POI que teñas en Google Maps.

A ver cando Google fai ese botonciño offline

Roberto BrenllaLogo TEGNIX pequeno