Non uso Android senón LeeDroiD

Un día deume por probar unha derivación de Android. Tiven que rootear o meu teléfono para descubrir novas versións derivadas: Cyanogen(mod), Pinky Desire, NeoPhyTe, AuraxTSense, CoolAceS, CoolSagaS, MIUIEs e agora un LeeDroid.

Non me pidas que che diga cal me gusta máis porque case seguro que direi que a actual. Non quero entrar en se unha é un chisco de décimas máis rápida ou que permite tal ou cal funcionalidade. E que máis dá! O que importa é que temos coñecemento aberto, compartido, libre... ao que logo lle agregamos capas de aplicacións, lamentablemente pechadas a maioría.

 

Así que o meu desexo non é un novo terminal con 1 mm menos de espesor, 0,5" máis de pantalla, procesador dual... Non! O meu desexo é que a comunidade, nós, cremos un bo conxunto de aplicacións libres, igual que en GNU/Linux. Que siga existindo a posibilidade de probar ROMs derivadas de Android feitas na India, Kenia, China, EE.UU., Suecia ou España. Coñecemento distribuído, non monopolizado e sen distinguir rezos ou razas. 

Por iso faríame feliz asistir ao nacemento dun novo proxecto chamado LibreAndroid (ou parecido).

Roberto BrenllaLogo TEGNIX pequeno