Noticias

Ford presenta dispositivo anti-choque de código aberto

Ford anuncia un software construído a partir de código aberto. O que isto significa para Ford non está moi claro pero é interesante comprobar o esforzo que a multinacional adica a estas verbas no seu anuncio. Con certeza, o código aberto (open source) fóra do ámbito da informática é observado como algo absolutamente positivo sinala a fonte desta nova.

Ford aproveita a tecnoloxía do avión de combate F22 para o seu novo modelo Taurus. Esta tecnoloxía está destinada a evitar os accidentes avisando acusticamente xunto a unha alarma de voz no sistema de navegación e prendendo luces vermellas cando o vehículo se atope moi preto doutro. Inclúense tamén outras funcioanalidades como MyKey válido para o control do coche cando se desexe limitar velocidades máximas.

Crese que se este dispositivo de aviso de colisión estivera equipado no ano pasado nos vehículos norteamericanos podería ter salvado 7.000 vidas, sinalan fontes de Ford á BBC.

A tecnoloxía pode ler a estrada e identificar árbores e persoas. Engadíronse algoritmos específicos para determinar se os obxectos son ou non un "vehículo-obxectivo".

Paga a pena lembrar que este esforzo de Ford por retomar os postos perdidos no liderado na industria automobilística segue a corrente encabezada por BMW e outras compañías coa súa plataforma aberta GENIVI

Outra curiosa iniciativa é a do Fiat Mio, anunciado como o primeiro coche Creative Commons.

Roberto BrenllaLogo TEGNIX pequeno

Facebook debe entregar TODO o código fonte

Xuiz da Corte do Distrito de Delaware ordena a Facebook entregar TODO o seu código fonte a Leader Technologies quen alega violacións de patentes por parte de Facebook.

A patente en cuestión semella ser 'asociación dunha porción de datos a múltiples categorías'. Ademais, o xuiz considera adecuado permitir a Leader Technologies ollar o código fonte de Facebook na súa totalidade por unha única funcionalidade.

Que significa esta sentanza? Non soa a que cada esquema de base de datos relacional estea coberta por esa patente? Así o cre quen escribe o primeiro comentario desta nova en Slashdot, a cal sinala como fonte este sitio.

Roberto BrenllaLogo TEGNIX pequeno

ModularIT, arquitectura orientada a servizos virtualizados

ModularIT e unha arquitectura orientada a servizos virtualizados cunha contorna engadida de monitorización e xestión. Todo iso utilizando Software Libre e orientado a administradores de sistemas.

ModularIT está formado por servizos modulares despregados en máquinas virtuais que poden combinarse coma se fora un quebracabezas o cal confire múltiples vantaxes.

Para coñecer o estado de cada servizo cando sexa necesario, ModularIT incorpora un sistema de control e xestión.

O sistema de monitorización está deseñado como axente independente instalado en cada máquina virtual que chequea e corrixe problemas e erros comúns. O sistema de monitorización é distribuído e multinivel (xerárquico) de modo que grandes organizacións poden dispor do seu propio sistema de monitorización independente ou escravo doutro, xestionado por eles mesmos ou un fornecedor externo.

ModularIT inclúe os seguintes servizos:

  • Copias de seguridade
  • LDAP
  • Servidor de arquivos
  • Correo
  • Mensaxería Instantánea
  • Telefonía
  • Fax
  • Ferramenta de traballo en grupo
  • Sistema de xestión de documentos
  • Servizos adicionais

ModularIT foi naceu debido á dispersión xeografica que hai en Canarias, polo que varias empresas desenvoleveron unha arquitectura de servizos que lles permitira ofrecer servizos TIC a terceiros da forma máis eficiente posible. Algúns dos requisitos son que o despregamento poidera ser realizado completamente en remoto cunha plataforma de xestión e monitorización dos servizos instalados.

ModularIT

Roberto BrenllaLogo TEGNIX pequeno

Spectrum vs. Tamagotchi

Non é a primeira vez que defendo as consecuencias que supón o cambio xeneracional que está a provocar unha certa crise no nivel de matriculacións en enxeñaría informática.

Podemos dar por certas as diversas fontes que sinalan tal crise. Así, hai fontes que corroboran que está a producirse unha forte caída nas matriculacións en enxeñaría. Na Universidade de Málaga sinalan que tal caída é do 43% nos últimos cinco anos, na Escola de Enxeñaría Técnica Informática de Xixón baixou un 20% nos últimos catro anos e a metade no pasado curso e segundo un estudo da Universidade Politécnica de Catalunya haberá en España un 32% menos de titulados en carreiras TIC en 2010 que no período 2005-2006.

Uns fan a pregunta "Non gusta estudar Enxeñaría Informática en España?" e algún medio sinala que tal caída tamén abrangue ás carreiras científicas (Física, Química ou Matemáticas).

Poderíase entrar na obxectividade de tales informacións pois, por exemplo, en ningún deles coméntase o que acontece con eses mesmos datos se temos presente a pirámide poboacional para eses períodos. Outros moitos factores poderíanse pór en riba desas cifras e seguramente todo ilo daría unha visión moito máis clara do que está a acontecer.

Porén a min chámame a atención un detalle, se cadra, nimio e anecdótico. Trátase dalgo que ten que ver coas xeneracións Spectrum e a máis recente xeneración Tamagotchi. Non me refiro con precisión absoluta a eses períodos dado que á do Tamagotchi aínda estará estudando bacharelato ou a ESO.

Refírome ás xentes que comezaron xogando con trebellos aos que había que meterlles man para facelos rular cos máis novos programas como acontecía con quen tivo nas súas mans algo semellante a un Spectrum, vellos PC sen conexión á rede, con contornos gráficos primitivos e así por diante. Estas persoas teñen a curiosidade necesaria por achegarse ao fondo dun kernel ou a un programa de baixo nivel.

Esa xeneración aínda non coñecía Internet pois esta fíxose realmente popular a partires da segunda metade dos noventa, xusto cando popularizábase tamén a telefonía móbil, as videoconsolas e nacía o Tamagotchi (1996). Quen na infancia xa tivera a ocasión de navegar pola rede, ter sistemas operativos con contorno gráfico amigable, unha ampla variedade de xogos e consolas, chamar por móbil e até disfrutar cun Tamagotchi terá hoxe unha idade moi próxima á adolescencia ou no tempo de escoller a súa futura profesión. Posiblemente, esta persoas disfruten máis empregando a tecnoloxía que progamando esa tecnoloxía, máis como usuarias e menos como desenvolvedoras. Posiblemente porque sempre tiveron diante interfaces gráficas amigables e unha chea de posibilidades comunicativas.

Insisto, chámame a atención esta idea aínda que, se cadra, sexa nimia e anecdótica.

Outra das motivacións, seguro que máis importante que todo o que en riba comento, pode vir da ambigüedade do termo 'informático' como profesión. Hoxe auto-noméanse así quen fixo a carreira, sexa superior ou técnica, quen fixo FP ou un sinxelo curso e até quen é catalogado como "manitas" cos computadores. Isto leva tamén ao desprestixio social e a manter uns soldos baixos en relacións ás outras carreiras. Como lle dixeron ao amigo Óscar "un informático pode ser calquera".

Roberto BrenllaLogo TEGNIX pequeno