Noticias

Caso Mono: C# e CLI baixo a Community Promise

Trala polémica sobre Mono SI ou Mono NON, sei por Ismael Olea que Microsoft aplicará a Community Promise tanto á ECMA 334 como ás especificacións ECMA 335.

ECMA 334 especifica o xeito e establece a interpretación de programas escritos coa linguaxe de programación C#, mentras o estándar ECMA 335 define o CLI (Common Language Infrastructure) pola cal as aplicacións escritas en múltiples linguaxes de alto-nivel poden ser executadas en diferentes contornos sen necesidade de seren re-escritas.

Tes máis información aquí, onde se sinala que baixo a Community Promise, Microsoft fornece garantía de que non fará valer as súas reinvidicacións, nomeadamente as Necessary Claims,  contra ninguén que faga, empregue, venda, ofreza á venda, importe ou distribúa calquera implementación (Covered Implementation) baixo calquera tipo de desenvolvemento ou modelo de distribución, incluíndo as licenzas de código aberto e outras como a LGPL ou GPL.
Roberto Brenllategnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Nokia con Android?

Souben por Jesús Amieiro que Nokia pode estar a desenvolver un teléfono móbil co Android de Google. O novo dispositivo tería pantalla táctil (touchscreen) e sería amosado na conferencia Nokia World en setembro coa esperanza de relanzar a súa cota de mercado no segmento dos smartphones.

Nokia, que fabrica preto de catro en cada dez teléfonos móbiles vendidos no mundo, foi perdendo terreo no mercado de teléfonos que poden acceder a internet, enviar correo e baixar aplicacións de terceiros, por causa de produtos coma o Apple iPhone e mailo BlackBerry Storm. A plataforma Android, entrementres, vén gañando terreo e agárdase que máis de media dúcia de teléfonos con Android deberían estar dispoñibles a final do ano.

Analistas do HSBC sinalan que Nokia tiña o 47% do mercado mundial smartphone en 2007, que caeu a 35% no verán pasado e posiblemente caia ao 31% a finais do ano. Ademais, o segmento smartphone é crítico, pois é a única parte do mercado de telefonía móbil que está crecendo.

Optar por empregar Android, unha plataforma "fonte aberta" plataforma á que calquera pode acceder para desenvolver, é un troco de estratexia bastante importante. Hai un ano, a Nokia mercou Symbian e abriuna de xeito semellante ao Android pero a resposta a esa apertura foi infructuosa. Pola contra Android está a atraer a unha multitude de desenvolvedores ofrecendo os seus "widgets" a través do Android Marketplace.

Xa hai quen instalou Android nun dos dispositivos existentes de Nokia, o N810 Internet Tablet, pero o vindeiro desta seria é agardado que se publique con integración total de Android.

Tamén hai especulacións de que Nokia estea estudando ampliar a súa oferta da gama smartphone tralo acordo de colaboración con Intel.

Fonte.
Jesús Amieiro engade máis fontes, unhas confirmando (esta e estaoutra) e outras negándoo (esta e estoutra).

Roberto Brenllategnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

OSREVOLUTION 09, na USC (20-24 xullo)

Os vindeiros 20-24 de xullo hanse celebrar na Aula 10 da Facultade de Xeografía e Historia da USC un curso conformado por unha serie de conferencias baixo o título "A Revolución do Software Libre" (OSREVOLUTION 09).

Podedes ver o programa completo, a listaxe de ponentes, prezos, prazos e demais información nas páxinas da Oficina de Software Libre e do curso, respectivamente.

O curso está pensado para un público tanto xeralista interesado en coñecer máis en profundidade o Software Libre como a persoas afeitas á esta temática xa que permitirá abordar moitos aspectos que decote quedan en segundo plano.
Roberto Brenllategnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno