Obtidas as certificacións ISO-9001 e ISO-27001

TEGNIX acaba de obter as certificacións ISO-9001 e ISO-27001 grazas ao proceso de implantación do novo Sistema Integral de Xestión que comprende tanto o Sistema de Xestión da Calidade como o Sistema de Seguridade da Información.

Este Sistema Integral de Xestión implantouse en todas as líñas de negocio que actualmente dispón a empresa:

  • Administración de Sistemas Informáticos
  • Deseño, integración e soporte de solucións software en xestión empresarial
  • Formación presencial e on-line

Con estas certificacións obtense unha mellor xestión da calidade ofrecida pola empresa e un estricto control da información coa que se traballa, dándolle máis seguridade e confianza aos nosos clientes.

A entidade certificadora foi AENOR, considerada como a máis estricta na aplicación das Normas UNE-ISO en España.

Este proceso contou co apoio da Consultora OCACI á que debemos agradecer o seu excelente traballo e dedicación.