OpenOffice.org

TEGNIX vén de traducir diversos capítulos do manual de OpenOffice.org Guía de Iniciación de OOo-Authors como parte do curso sobre esta suite ofimática que impartíu no CIS Galicia. Ademais desta adaptación ao galego a empresa engadíu textos explicativos e vídeos didácticos. O material traducido é unha selección que permite realizar cursos básicos sobre as aplicacións máis populares como Writer, Calc, Base ou Impress. Estes materiais ofrécense á comunidade con licenza Creative Commons 2.5 Recoñecemento. Pódese acceder a eles na páxina da Guía de Iniciación a OpenOffice.org.

A intención de Tegnix é crear unha comunidade galega de OpenOffice.org que axude a traducir o material restante. Tegnix realiza periódicamente eventos dirixidos á formación desta comunidade para completar e actualizar o contido, abríndoo á participación da comunidade con ferramentas tipo wiki ou afíns.

A guía consta de 7 documentos, 173 páxinas e máis de 35.000 palabras na que participaron tres persoas na tradución e outra encargada dos vídeos.