OpenShot, doado editor de video

Jonathan Thomas sinala no sitio de OpenShot:

"Teño unha misión sinxela: crear un editor de video non lineal e de código aberto para Linux. Moita xente intentou e fallou antes ca min, pero por algunha razón síntome obrigado a intentalo eu mesmo. Estou documentando a miña viaxe neste blog para que todos lean. Será unha viaxe arriscada e pode que non regrese con vida. Agárrate forte e disfruta da viaxe. Polo de agora, estou a chamar este proxecto OpenShot Video Editor!"

Nestas alturas de desenvolvemento este editor xa acada un alto nivel de usabilidade. Tamén inclúe varias funcionalidades dignas de editores maiores como:

  • Soporte a diversos formatos de video, audio e imaxe (baseado en FFmpeg)
  • Integración con Gnome (soporte de 'arrastrar e soltar' ou 'drag and drop')
  • Múltiples pistas
  • Redimensionado, recortado, snapping...
  • Transicións de video con previsualizacións en tempo real
  • etc.

Tes a túa disposición diversos paquetes preparados. Por exemplo, para unha CPU de 32 bits con Ubuntu 8.10 os pasos a dar serían:

  1. Descarga o paquete openshot.
  2. Descarga o paquete de dependencias e descomprímeo. No directorio que inclúe os paquetes deb fai: sudo dpkg -i openshot-*
  3. Logo instala á vez uns paquetes que has necesitar: sudo apt-get install libgoocanvas3 libgoocanvas-common python-pygoocanvas
  4. Por último, vaite a onde teñas o binario principal e instálao: sudo dpkg -i openshot.deb
  5. Tes a opción de instalar tamén paquetes para obter a interfaz traducida (castelán, portugués...).

Roberto BrenllaLogo TEGNIX pequeno