Recuperar ttf-bitstream-vera

Chamoume a atención que na Ubuntu 9.10 Karmic non houbera a fonte Bitstream Vera, precisamente a que empregaba como predeterminada no OpenOffice.org. Ao parecer o conxunto de fontes DejaVu están baseadas nas Bitstream polo que foi a substitución elexida en Ubuntu.

Porén, pódese instalar ese conxunto de fontes. Fíxeno descargando as fontes e logo, como administrador, descomprimindo ese paquete en /usr/share/fonts/truetype. Todo ilo gráficamente grazas a ter á miña disposición no botón dereito do rato a opción "Abrir como administrador" que me deu a instalación do paquete nautilus-gksu.

Se prefires facelo por liña de comandos:

$ wget https://launchpad.net/ubuntu/feisty/+source/ttf-bitstream-vera/1.10-7/+files/ttf-bitstream-vera_1.10.orig.tar.gz
$ sudo -s -H
# cp ttf-bitstream-vera_1.10.orig.tar.gz /usr/share/fonts/truetype/
# cd /usr/share/fonts/truetype/
# tar xvf ttf-bitstream-vera_1.10.orig.tar.gz

Tras iso, reinicio o contorno gráfico e xa volvín ter as fontes Bitstream.

Roberto BrenllaLogo TEGNIX pequeno