Sis 771/671 PCIE VGA Display Adapter – solucionado

Sis 771/671 PCIE VGA Display Adapter – solucionado

General

Directamente vas a este enlace, logo á sección de descargas e no meu caso baixo o primeiro paquete .deb nomeado xorg-driver-sisimedia_0.9-1_i386.deb.

A historia

Un familiar quería mercar un portátil porque, pola súa idade, pasa case que todo o dia na casa, sen apenas sair, só lendo algo e ollando a TV. Ter internet poderá encherlle moitas horas do seu tempo, mantelo activo e entretido. Acontece que o seu coñecemento de informática é nulo.

Nas comidas dos domingos estamos tres familias e, cadran así as cousas, uns traballan con M$, outros con Mac e nós con Sw Libre. Cada quen podería dicir que a súa proposta era a mellor de todas pero só eu fun quen de darlle "servizo 24/7/365". Os demais, ou non podían ou non estaban dispostos.

Daquela o meu familiar mercou o Ahtec Sense XSW91 de só 380 € que teoricamente estaba soportado para GNU/Linux. Tanto que a propia empresa ofrecía unha Debian personalizada nomeada ISIX que debería funcionar nese equipo. Pois iso resultou ser falso. Para empezar tiven que encargarme de levalo tras mercalo en dúas ocasións á tenda onde o mercou: a primeira porque viña sen montar, incríble!, a segunda porque non recoñecía o disco duro. Finalmente o sábado á mañá semella que todo estaba ben. Ben? Aínda non! Aí deu comezo o segundo episodio.

Xa na casa o primeiro que fago e probar a tal ISIX, en menos dun minuto a distro dixo que xa o tiña todo instalado. Loxicamente era un erro. Collín a miña USB e comecei probar distintas distros, preferindo sempre Debian ou Ubuntu. De todas elas, grazas á ferramenta Unetbootin, só rulou como é debido a aínda Alpha6 Ubuntu Karmic, aínda en modo testing.

Instaleina sen problemas, todo bastante ben agás o contorno gráfico pois non deu máis resolución que 800×640. Semellaba que tiña que resolver temas de controladores da tarxeta de video. Buscando información no meu sistema e logo trasladándoa á web vin que tal tarxeta supoñía unha chea de problemas. Dun lado para outra ata que atopei este enlace que foi quen mo resolveu.

Polo tanto, unha vez máis, aprendín e conclúo que:

  • Non debes fiarte do que di unha tenda, ensamblador ou fabricante
  • A menos que troquen de estratexia, non recomendo mercar nada de Silicon Integrated Systems
  • Armarse de paciencia adoita ser unha condición só á hora de instalar pois logo esqueces de calquera problema en SwL
  • O anterior é debido á carencia de oferta de equipos con GNU/Linux instalado. Ben sabemos que iso é debido a que moitos fabricantes sofren presións. E isto non é hipótese, é feito que até ten sentencias que o corroboran.
  • Persoalmente agardo á entrada de Google no mercado de netbooks pois será unha oportunidade de comprobar a loita entre dúas grandes empresas con distintas ofertas, unha privativa e outra libre (ou case). Confío que iso elimine o actual monopolio nos PCs.

Roberto BrenllaLogo TEGNIX pequeno

Entrada anterior
Software Freedom Day ’09
Entrada siguiente
Dia Mundial contra as Patentes de Software

Entradas relacionadas

No se han encontrado resultados.

Menú