Software Libre a tu Alcance

Software Libre a tu Alcance

General

Inaugúrase hoxe no Parque Tecnolóxico de Andalucía (PTA) de Málaga a I Feira "Software Libre a tu alcance", un atractivo evento que ten como obxectivo ofrecer demostracións de produtos e servizos con casos reais de aplicación, o cal permitará ao público avaliar a idoneidade do Software Libre.

Este atractivo enfoque complementarase coa organización de encontros empresariais entre aquelas que aínda non estean familiarizadas coas solucións baseadas en software libre e mailas altamente especializadas como as que integran ASOLIF, oficialmente presente nesta feira. Para ilo haberá persoal dinamizador responsable de presentar e guiar o público asistente cara os expositores máis axeitados ao seu interese.

Paralelamente haberá obradoiros de curta duración con temática diversa, amosando desde escritorios básicos a sistemas complexos. Con estes obradoiros búscase concienciar ás empresas que aínda non consideran o software libre como alternativa posto que poderán comprobar as múltiples e importantes vantaxes que teñen estas tecnoloxías.

Máis información en ASOLIF e na páxina de CREA (Centro de Referencia para la Excelencia en Entornos Abiertos).

Roberto BrenllaLogo TEGNIX pequeno

Entrada anterior
Creación dixital en 3D con Blender no CNTG
Entrada siguiente
No CNTG, Xornada sobre Virtualización Red Hat orientada a servidores

Entradas relacionadas

No se han encontrado resultados.

Menú