Sources List Generator

Lembro coñecer algunha solución ao respecto pero non a dou atopado nas entradas que escribín... total, velaquí vai (de novo?). Se queres xerar o teu "sources.list", o arquivo que sinala os teus repositorios para a procura de aplicacións, dun xeito cómodo tes esta opción de SimplyLinux.ch, Linux für alle.

Tanto para Debian como para Ubuntu, seleccionas o teu país/estado (refírese ao país de onde prefires ter o teu repositorio, idelamente canto máis preto de onde esteas mellor), a versión instalada e, en función do que elixas como repositorios adecuados, terás á túa disposición unha chea de repositorios axeitados ao teu gusto.

Fonte.

Roberto Brenllategnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno