Tegnix apoia ao Software Libre como Premio Príncipe de Asturias

SwL PPA (banner)SwL PPA (sello)TEGNIX presenta o seu apoio á candidatura da Comunidade Internacional de Software Libre aos Premios Príncipe de Asturias xa que nos axuda a crecer como empresa e a compartir coñecemento facéndonos partícipes de proxectos que axudan a mellorar as condicións doutras persoas.

Entendemos a Comunidade de Software Libre como o conxunto de persoas e institucións de todo o mundo que contribúen ao software libre mediante un modelo colaborativo e aberto baseado na liberdade, a compartición do coñecemento, a colaboración, a meritocracia e o respecto aos dereitos de autor, con accións coma o desenvolvemento, divulgación, promoción, documentación, probas, organización, apoio e comercialización do software libre.

O software libre permitiu a xeralización do coñecemento e o acceso á tecnoloxía a nivel mundial, eliminando barreiras económicas, sociais, culturais, idiomáticas e xeográficas.